O camiño da Biblia ao Ceo (galego - Galician)

Video

October 17, 2015

A Biblia é moi clara cando fala acerca da salvación. Non se basea no bo que es. Moita

xente pensa que é moi boa e que vai ir ó ceo por

esta razón, pero a Biblia di: "Por canto todos pecaron e están destituidos da

gloria de Deus.” (Romanos :) A Biblia di: "Como está escrito: Non hai xustos,

nin tan sequera un mesmo." (Romanos :) Non son xusto. Ti non es xusto e se fora a nosa

bondade a que nos levase ó ceo, ningún de nós iría.

. Admite que es un pecador.

A Biblia mesmo di en Revelación :, "Mais aos temerosos, e incrédulos, aos abominables,

e homicidas, aos fornicadores e feiticeiros, e aos idólatras, e a todos os mentireiros,

a sua parte será no lago ardendo de fogo e xofre, que é a morte segunda" Eu

mentín antes. Todo o mundo mentiu algunha vez, polo que todos pecamos e fixemos cousas

peores que mentir. Afrontémolo: todos merecemos o inferno.

. Toma conciencia da pena polo pecado.

Pero a Biblia di, “Mais Deus demostra o seu amor cara nós, que aínda sendo

pecadores, Cristo morreu por nós." (Romanos :) Xesucristo, porque nos ama, veu

a esta terra. A Biblia di que el era a manifestación de Deus en carne. Deus basicamente adoptou unha

forma humana. Viviu unha vida sen pecados. Non cometeu ningún pecado e, por suposto, eles pegáronlle

e cuspíronlle, e pregáronno á cruz. A Biblia di que cando estaba nesa cruz

el "mesmo levou os nosos pecados no seu propio corpo á árbore.” ( Peter :) Así que todos os pecados

que algunha vez fixeches e todo pecado que eu fixen - é como se fora Xesús os que os fixera. El

foi castigado polos nosos pecados. Despois, unha vez morto, colleron o seu corpo e enterrárono

na tumba e a súa alma foi ao Inferno durante días e noites (Feitos

:). Tres días depois levantouse entre os mortos. Mostrou aos seus discípulos os

buratos nas súas mans. A Biblia é moi clara dicindo que Xesús morreu por todos e todas. Di

que morreu "non soamente polos nosos pecados, pero tamén polos pecados do mundo enteiro" (

Xoán :). Pero hai algo que debemos facer para ser salvados. A Biblia ten esta pregunta

en Feitos , “Que debo facer para ser salvado? E eles dixeron, “Cre no Señor

Xesucristo, e serás salvo ti e a túa casa." Iso é todo, El NON dixo, “Entra nunha igrexa

e serás salvo. Bautízate e serás salvo. Vive unha boa vida e serás

salvo. Arrepíntete de todos os teus pecados e serás salvo, NON. El dixo "Cre."

. Cre que Xesús morreu, que foi enterrado e que volveu a levantarse por ti.

Inclusive o verso máis famoso de toda a Biblia, cuxa referencia está escrita no fondo da

copa no “In and Out Burger.” É moi famoso. Todo o mundo escoitouno: Xoán

:. “Porque tanto amou Deus ao mundo, que deu ao seu único fillo para que todo aquel que

crera nel non perecera, se non que tivese vida eterna." E eterna significa

eterna. Significa para sempre e Xesús dixo "Eu doulles vida eterna e

non perecerán nunca, nin ningún home lles arrebatará a minha man.” (Xoán :)

A Biblia di en Xoán :, “Na verdade, na verdade, eu digo que o que cre en min, ten

a vida eterna.” Así que se cres en Xesucristo, a Biblia di que terás unha vida

eterna. Vivirás para sempre. Non podes perder a túa salvación. É eterna, dura

para sempre. Unha vez es salvado, unha vez cres nel, estás salvo para sempre e

non importa o que, nunca poderás perder a túa salvación.

Incluso se eu fora para fora e cometese un pecado terrible, Deus me castigaría por iso nesta terra.

Se matase a alguén hoxe, Deus aseguraríase de que tivera o meu castigo, iría

á prisión ou aínda peor, pena de morte. Sexa como sexa este mundo castígame e

Deus vai asegurarse de que se me castiga aínda máis, pero non irei ó Inferno.

Non hai nada que eu faga que me poida levar ó inferno porque estou salvo e se fora ó Inferno, entón Deus mentiu.

El prometeu que calquera que crese nel tería unha vida eterna e dixo "Aquel

que vive e cre en min nunca morrerá.” Esta é a razón de porque hai moitos exemplos na Biblia

de persoas que fixeron algo realmente malo e aínda así, foron ó Ceo. Como? Porque

era moi bos? NON, porque creron no Señor. Os seus pecados

están perdoados. Outras persoas que viviron unha melhor vida aos ollos do mundo, ou que tal vez

realmente viviron unha vida moito mellor, se non cren en Xesucristo, irán

ó Inferno para ser castigados polos seus pecados.

. Cre en Cristo unicamente como teu salvador.

Deixame soamente concluir este tema: unha cousa da que quería estar seguro para poñela sobre a mesa

hoxe é a pregunta que lle foi feita a Xesús por un dos seus discípulos e

esa cuestión foi: "son poucos os que hai que salvar?" Esa é unha moi boa pregunta, verdade?

A maioría das persoas sálvanse? Ou so uns poucos? Quen de aquí pensa que a maioría das persoas

van ao Ceo - que a maioría das persoas neste mundo van ao ceo? Adiviñen cal foi

a súa resposta: el dixo, en Mateo , “Ingresade vós na porta estreita porque ancha é a porta e

espacioso o camiño que leva á destrución e moitos son os que entran

porque estreita é a porta e angosto o camiño que leva á vida e poucos

son os que o encontran."(Mateo :-) Entón seguiu, e dixo esto: “Non todo

o que me di: Señor, Señor, entrarei no reino dos Ceos, se non o que fai

a vontade do meu Pai que está nos Ceos. A maioría dirá nese día, Señor, Señor, acaso non

profetizamos no teu nome e no teu nome botamos fora os demonios e no teu nome

fixemos moitos traballos marabillosos? E entón declararei: Nunca vos coñecí, apartádevos de min

vós, executores de iniquidade." (Mateo :-)

Primeiro de todo, a maioría deste mundo nin sequera manifesta crer en Xesús. Por fortuna,

a maioría desta aula manifesta crer en Xesús, pero a maioría do mundo

non manifesta crer en Xesús. Pero Deus advertiu que incluso entre aqueles que manifestan crer

en Xesús, incluso entre aqueles que lle chaman Señor, a maioría dirá "Fixemos todos esos

traballos marabillosos! Por que non nos salvas!” E el dirá: "Apartádevos de min, nunca

vós coñecín.” Isto débese a que a salvación non se da por traballos e se estás crendo nos

teus propios traballos para salvarte, se cres que irás ao ceo porque fuches bautizado,

se pensas: "Bueno, penso que teño que vivir unha boa vida, penso que teño que cumprir

os mandamentos para ser salvo, penso que teño que ir á igrexa, penso que teño que

evitar os pecados…” Se estás crendo nos teus propios traballos, Xesús vaite dicir

un día, "Apártate de min, nunca te coñecín"

Debes ter fe no que fixo. Debes poñer a túa fe no que Xesús fixo

na cruz cando morreu por ti, cando foi enterrado e cando se levantou de novo. Ese é o teu tícket ao

Ceo. Se cres noutras cousas, e dis "Bueno, irei ao Ceo

porque son moi bo Cristiano e fixen todas esas cousas marabillosas." El vaite

dicir, "Apártate de min." Date conta do que di, "Apártate de min, eu NUNCA te coñecín."

El non di "Eu adoitaba coñecerte". Unha vez el te coñece... recorda que eu mencionei

isto antes: é eterno, dura para sempre. Unha vez el te coñece, estás salvo para sempre.

El vaite dicir, "Apártate de min, eu nunca te coñecín.", porque se vas ó Inferno,

débese a que el nunca te coñeceu. Porque unha vez te coñece, te coñece. Ao igual que os meus fillos

sempre serán os meus fillos. Cando naces de novo, es o seu fillo, ti

sempre serás o seu fillo. Tal vez sexas a ovella negra da familia. Tal vez sexas alguén que

recibe moita disciplina de Deus nesta terra. Podes meter a pata na vida aquí abaixo, pero

non podes meter a mata na salvación. Unha vez estás salvado, faise real. Esa é a principal

cousa que quero presentarvos acerca do fin dos tempos e temos uns poucos minutos para

preguntas, xa sexan acerca da salvación ou acerca do fin dos tempos.

Querido Xesús, eu sei que son un pecador. Eu sei que merezo ir ó Inferno.

Pero creo que morreste na cruz por min e que te levantaste de novo. Por favor, sálvame agora

e dame vida eterna. Somente estou crendo en ti Xesús. Amén.

 

 

 

mouseover